Texticulos dramaticos e posdramaticos

Texticulos dramaticos e posdramaticos.

Editorial:
EDICIONS LAIOVENTO
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-237-5
Páginas:
134
Colección:
CADERNOS TEATRO
13,00 €
IVA incluido
En stock 24/48 h
Añadir a la cesta

Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois contén algo máis que as 10 pezas breves que se anuncian no índice, agrupadas baixo o lema ?textículos dramáticos e posdramáticos?, que, como tal, xa implica unha vontade clara de polémica, tanto pola filiación ?post? que se lles reclama, como pola dimensión ?testicular? dos ditos textos, o que supón un indicador preciso do núcleo temático dos mesmos que non é outro que as formas do amor (ou do desamor).



Hai xa bastantes anos asistín a unha conversa entre dous coñecidos dramaturgos na que un lle preguntaba ao outro pola temática da súa nova peza, ao que o outro respondía dicindo que trataba do de sempre, ?de amor?, pois o amor, ou a súa ausencia, sempre está na raíz das historias dos seres humanos, dos grandes relatos e das pequenas lerias que alimentan as nosas vidas. E estes ?textículos? de Afonso Becerra latexan coa forza multiforme do amor, como tamén aquel verso demoledor do vello poeta da vella cidade: ?Pero turbados los dos nos escondíamos?.



(Do prólogo de Manuel F. Vieites)



?Estes textículos dramáticos e posdramáticos (textos minúsculos) son órganos exentos de testosterona. No que atinxe ás hormonas sexuais, estas partículas, dramáticas e posdramáticas, buscan o difícil xogo de equilibrios e oposicións entre testosterona, estróxeno, oxitocina e outras bioquímicas que pugnan por erguer o corpo e a emoción enriba dese palco teatral que é a vida humana.



Textículos dramáticos e posdramáticos é como unha segunda parte daquelas Dramatículas (Laiovento, 2010), e unha homenaxe irónica á expresión empregada algunha vez por Julio Cortázar.?



(O autor

Otros libros del autor