O segundo sexo ii

O segundo sexo ii.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
Materia
Feminismo y teoria feminista
ISBN:
978-84-9914-095-7
Páginas:
744
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
29,30 €
IVA incluido
En stock (Entrega en 24-48h)
Añadir a la cesta

Coa publicación desta segunda entrega dÆ O segundo sexo culmínase felizmente o proxecto de ofrecer en galego unha obra clave para entender o universo das mulleres e as coordenadas do feminismo, ao tempo que as nosas letras se enriquecen cun texto fundamental para a humanidade que xerou, despois de sesenta anos da súa aparición, unha rede de pensadoras e activistas que transcende xeracións, clases e países. Neste volume, -A experiencia vivida-, Simone de Beauvoir analiza a situación de opresión que viven as mulleres na sociedade. Na primeira parte, -Formación-, estuda a infancia, a adolescencia, a mocidade e a iniciación sexual; incorporando o lesbianismo. Continúa na segunda, -Situación-, analizando varios aspectos da figura adulta femenina, como a muller casada, a nai, a vida social, a prostitución, a madurez e a vellez. Prosegue na terceira, -Xustificacións-, abordando diferentes actitudes das mulleres, retratando á -narcisista-, á -namorada- e á -mística-. Finaliza, na derradeira parte da obra, -Cara á liberación-, propoñendo no seu único capítulo, -A muller independente-, as dúas vías que teñen as mulleres para saír da súa situación de opresión, sen obviar as dificultades que atoparán nesa loita: a independencia económica como presuposto de calquera otra emancipación legal, social ou xurídica e a loita das mulleres como colectivo consciente da súa opresión.

Otros libros del autor